POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 ago 2012

POR AMOR Á ARTE / POR AMOR AL ARTE



Coñecéronse nun taller de relato. En cada clase, o profesor expoñía  un motivo de inspiración sobre  o que debían escribir. A última proposta foi providencial. Presentoulles unha pintura moi coñecida, “O bico”, e propúxolles que deixasen voar a imaxinación sobre o papel. O primeiro impulso de María e Román foi buscarse coa mirada, e ruborizáronse ambos. Nunca pasaran  do cordial saúdo de rigor. Escribiron. Antes de rematar a sesión, coma sempre, fíxose a posta en común lendo e comentando en voz alta tódolos textos. A enorme semellanza entre os relatos dos dous abraiou a todo o mundo. Aquela tarde, saíron collidos da man. Hoxe non foron ó taller: atópanse escenificando o cadro de Klimt perdidos na cima dun frondoso e escarpado monte.


"El beso" de Klimt

Se conocieron en un taller de relato. En cada clase, el profesor les planteaba un motivo de inspiración sobre el que debían escribir. La última propuesta fue providencial: les presentó una pintura muy conocida, “El beso“, y les propuso que dejasen volar su imaginación sobre el papel. El primer impulso de María y Román fue buscarse con la mirada, y ambos se ruborizaron. Nunca habían pasado del cordial saludo de rigor. Escribieron. Antes de finalizar la sesión, como siempre, se hizo la puesta en común leyendo y comentando en voz alta todos los textos. La enorme semejanza entre los relatos de los dos sorprendió a todo el mundo. Aquella tarde, salieron cogidos de la mano. Hoy no han ido al taller; se encuentran escenificando el cuadro de Klimt perdidos en la cima de un frondoso y escarpado monte.
(Finalista en "Taller de relato" del programa de radio EL OJO CRÍTICO)

2 comentarios:

suaseiras dijo...

Química. Todo dependerá do que dure a fórmula. Non somos nada...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Exacto.