POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

19 ago. 2012

DIAGNÓSTICO VELOZ


           - Por favor, sexa breve – dixo o especialista ó vixésimo paciente da súa consulta semanal de dúas horas.
       - Sereino. ¿Lembra que a semana pasada vin acompañando á miña muller? Fomos os primeiros en entrar...
        - Si, xa me dou conta, estaban moi nerviosos os dous; pero non tiñan por que preocuparse. Nin sequera precisei auscultala: un caso clarísimo de hipocondría. Seguro que terá mellorado co placebo que lle receitei. ¿Que tal se atopa?
           - Moi tranquila. Enterrámola onte.





(Imaxe baixada de internet)
      - Por favor, sea breve – dijo el especialista al vigésimo paciente de su consulta semanal de dos horas.
        - Lo seré. ¿Recuerda que la semana pasada vine acompañando a mi esposa? Fuimos los primeros en entrar...
         - Si, ya me doy cuenta, estaban muy nerviosos los dos; pero no tenían por qué preocuparse. Ni siquiera necesité auscultarla: un caso clarísimo de hipocondría. Seguro que habrá mejorado con el placebo que le receté. ¿Que tal se encuentra?
            - Muy tranquila. Ayer la enterramos.



2 comentarios:

Eutimos dijo...

Y eso que era antes de los recortes, ¿verdad?, así que ahora...

Madoé dijo...

Pois si. :-(