POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 ago. 2012

ABANDONO


Fonte de pedra 
invadida de plantas
que medran libres.
Esperpento penoso
daquel xardín que foi.

(Imaxe baixada de internet)



Fuente de piedra
invadida de plantas
que crecen libres.
Esperpento penoso
de aquel jardín que fue.

5 comentarios:

Eutimos dijo...

Me crea cierta angustia este haiku, supongo que por lo que supone de invasión y crecimiento desordenado rompiendo el equilibrio del jardín y la fuente.

Madoé dijo...

Síntoo, pero esa era a intención... :-)

suaseiras dijo...

Máis ben rompemos nos o equilibrio na natureza cos nosos xardíns e as nosas casas, non??. A natureza segue a súa vida.

carnota dijo...

O que resulta penoso é a conxunción dos dous mundos: natural e manipulado. Por separado, son estupendos os dous

Madoé dijo...

Poisa non me parece mal ese punto de vista...