POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 ago 2012

¡MENUDA RISA!


(Imaxe baixada de internet)
Roque, grazas ó patrimonio e a falta de escrúpulos herdados de seu pai, conseguiu na vida todo o que quixo. Pero, desde que a súa idade avanzada lle deixa tempo para reflexionar, decatouse de que, ocupado sempre nos seus asuntos, esqueceuse de rir. E non quere irse deste mundo coa sensación de ter fallado en algo. Así que decide contratar ó mellor adestrador persoal da risa. Atraídos pola suculenta recompensa monetaria, a lista de candidatos é ampla. Selecciona uns poucos e ponos a proba antes de decantarse por un. O terceiro en pasar polos apousentos do millonario é un mozo especialista en maniotas terapéuticas, segundo consta no seu currículo. Mágoa que, xa na primeira sesión, o exceso de gargalladas fai que Roque se despida deste mundo; feliz, iso si… Disque o rapaz ten ofertas a moreas.



Roque, gracias al patrimonio y la falta de escrúpulos heredados de su padre, consiguió en la vida todo lo que quiso. Pero, desde que su avanzada edad le deja tiempo para reflexionar, se ha dado cuenta de que, ocupado siempre en sus asuntos, se olvidó de reír. Y no quiere irse de este mundo con la sensación de que ha fallado en algo. Así que decide contratar al mejor entrenador personal de la risa. Atraídos por la suculenta recompensa monetaria, la lista de candidatos es amplia. Selecciona a unos pocos y los pone a prueba antes de decantarse por uno. El tercero en pasar por los aposentos del millonario es un joven especialista en cosquillas terapéuticas, según consta en su currículum. Lástima que, ya en la primera sesión, el exceso de carcajadas hace que Roque se despida de este mundo; feliz, eso sí…. Dicen que al muchacho le llueven ofertas.


2 comentarios:

Eutimos dijo...

Bueno, es una estupenda forma de morirse, ¡si es que con dinero se consigue todo!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ou case... :-)