POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 ago 2012

CAMA REDONDA



(Imaxe baixada de internet)


Déitase coa súa parella e con moitos problemas máis.





Se acuesta con su pareja y con muchos problemas más.

6 comentarios:

suaseiras dijo...

O deitarse a súa parella, é un problema máis...?? ;))

Edita Nogueira Tallón dijo...

A bo entendedor...

Eutimos dijo...

Peor es acostarse solo con los problemas.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pensamento profundo. Ese xa é outro nanorrelato...

carnota dijo...

A pesar de ser un tema para tomalo en serio recoñezo que me resultaron moi gracios os comentarios lidos todos xuntos.
Seguindo co ton "jocoso". Canto máis espacio teñas na cama mellor dormes. Se o de DURMIR coa parella é inevitable, polo menos que se desfaga dos problemas porque se son tantos como dis deben ocupar unha burrada.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa... Sigamos coa seudofilosofía: ¿e se o problema que máis ocupa é a parella...?