POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 ene 2012

REMEMORANDO



Vacas. O río.
A xiada. Herba seca.
Lembro a infancia.




Vacas. El río.
Helada. Hierba seca.
Aquella infancia…

9 comentarios:

Rascacheira dijo...

A min os ríos tamén me traen lembranzas da infancia aínda que moitas veces asociados ao medo porque nós (ben, nós...nós... non, mellor os nosos irmáns máis vellos...)bañabámosnos nun embalse: negro, profundo, escuro...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ai que medo!
Eu bañábame case sempre aí mesmo, ó outro lado do illote ese que se ve na foto.

eutimos dijo...

Es un gran suerte haber vivido una infancia donde existía un río. Carencia de los niños de secano.

suaseiras dijo...

Dou fe!!

Oíno tantas veces (vai ser certo iso de que se se repite moito a mesma cousa, acabas por crela) que me parece a miña segunda infancia...Jajajaja

carnota dijo...

O Canal,a Barcalesa...Creo que de todo iso, o río é o único que perdura no tempo como un recordo altamente positivo.

carnota dijo...

Creo que me precipitei na resposta. IR ÓS AMORILLOTES, ENCONTRAR NIÑOS, SUBIR AS CERDEIRAS,APAÑAR LANDRAS NA CARBALLEIRA, ESCOITAR VILLANCICOS NO RADIO, COMER UVAS A FARTAR, ENCONTRAR NOCES ENTRE A HERBA, XOGAR Á MARIOLA NA EIRA, XOGAR ÁS CASAS CON RESTOS DE LOUZA, APOLICAR POLOS BALOS, ESCRIBIR NAS PAREDES, ARRECENDER O LIBRO NOVO DA ESCOLA, OLER AS "CELINDAS" POR MAIO...e sei que me quedo corta.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ohhhh! ¡Que fermosura! ¡Cantas lembranzas! Pero non caben nun haiku...

suaseiras dijo...

Si que lle presta a convalecencia a Carnota, que son as "CELINDAS?

Edita Nogueira Tallón dijo...

so, iso..., ¿que son as celindas? ¿As que había no valo de Pura de Prado que íamos cortar para adornar a escola?