POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 ene. 2012

CHAMADA PERDIDA / LLAMADA PERDIDA

Non sei de ti nin dos teus
se foxes de min ou me evitas
se me queres ou me ignoras
se fuches verdade ou mentira
se me lembras ou me esqueces                                                                                                                                                     
Non sei por que che escribo
se ti nunca me respondes
se non compartes os meus soños
se me arredas da túa vida
se non me contas nin me escoitas.
(Imaxe baixada de internet)

Non sei que mal me invade
que non te borro nin te odio
que sigo aquí como unha boba
que espero sempre unha chamada
que ata desexo que me mintas.




No sé de ti ni de los tuyos
si sólo huyes o me evitas
si me quisiste o me ignoras
si fuiste verdad o mentira
si me recuerdas o me olvidas.


No sé por qué te escribo
si tú nunca me respondes
si no compartes mis anhelos
si me echaste de tu vida
si no me cuentas ni me escuchas.


No sé qué mal me invade
que no te borro ni te odio
que sigo aquí como una tonta
que espero siempre tu llamada
que hasta deseo que me mientas.

6 comentarios:

eutimos dijo...

Es muy dura y muy triste la dependencia emocional, es una droga que nos envenena el alma y de la que es muy difícil curarse, porque como en toda dependencia la vida parece no tener sentido sin el objeto al que estamos enganchados.

Madoé dijo...

Totalmente de acordo. Neste caso, coma case sempre, hai un 90 % de ficción. O 10 % restante é pasado.

eutimos dijo...

Todos y más aún, todas, hemos esperado una llamada alguna vez.

Madoé dijo...

Claro. Nesta ocasión, a persoa inspiradora da creación poética foi unha amiga.

rascacheiro dijo...

E segue sen chamar?

Madoé dijo...

¿Ti que cres?
(Contéstoche por outra vía, mellor)