POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

6 ene. 2012

ESES XENÉRICOS.../ ESOS GENÉRICOS...


          Desde unha situación indefinida e ingrávida, contempla, desconcertado, o seu propio corpo inmóbil sobre a alfombra. Noutras ocasións nas que castigou á súa familia con simulacros de suicidio, sempre despertara  no hospital rodeado polos seus. Pero este é o salón da súa casa, e está só. El cre que fixo exactamente o mesmo ca outras veces...
          -Só cambia a cor da caixa, teñen o mesmo principio activo cás túas pastillas de toda a vida  -aseguráralle onte o farmacéutico.
          “Parece que entra alguén na habitación. Si, aí están a miña muller e a súa amiga Laura. ¡Que guapa te conservas, Lauriña! ¿Por que casaches con Alfredo, condenada, se sabías que eu estaba tolo por ti? ¿Pero que fan? ¿Por que me sacoden con tanta forza? ¿Por que berran coma posesas? ¿Por que intentan pecharme os ollos...? ¡Merda, xa non vexo nada!”


(Imaxe baixada de internet)
       
          Desde una situación indefinida e ingrávida, contempla, desconcertado, su propio cuerpo inmóvil sobre la alfombra. En ocasiones anteriores en que castigó a su familia con simulacros de suicidio, siempre había despertado en el hospital rodeado de los suyos. Pero este es el salón de su casa, y está solo. Él cree haber hecho exactamente lo mismo que otras veces...
          -Sólo cambia el color de la caja, tienen el mismo principio activo que tus pastillas de toda la vida - le había asegurado ayer el farmacéutico. 
          “Parece que entra alguien en la habitación. Sí, ahí están mi mujer y su amiga Laura. ¡Qué guapa te conservas, Laurita! ¿Por qué te casaste con Alfredo, puñetera, si sabías que yo estaba loco por ti? ¿Pero qué hacen? ¿Por qué me sacuden con tanta fuerza? ¿Por qué gritan como posesas? ¿Por qué intentan cerrarme los ojos…? ¡Mierda, ya no veo nada!”

22 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Muy bueno el humor negro! No hay que fiarse de los genéricos...ni jugar con las pastillas. Al final,acabas con los ojos cerrados para siempre.

Madoé dijo...

Bueno, esaxerando un pouquiño, non? As pastillas, sexan xenéricas ou non, na súa medida, tamén salvan vidas. O texto si que era un xogo, unha fantasía, un supoñer...

eutimos dijo...

Ahora que lo pienso, y yo que creía que los genéricos llevaban la mínima dosis legal. Está visto que, en este caso, no fue así. Igual el hombre se confió y ya ves...

rascacheiro dijo...

Que putada a dos xenéricos!!!

suaseiras dijo...

Estou de acordo, rascacheiro.
E o jichiño, cos pensamentos fixos ata o final, eh!?

rascacheiro dijo...

Si, el que la sigue, la consigue!!!
Aìnda que... igual non pretendía conseguilo desta volta, non? E os p.xenéricos xogáronlla. Non é o primeiro... coñezo algún caso máis aínda que non tan extremo...

Madoé dijo...

¡Non me fastidies! De verdade que era pura fantasía, eu sempre pensei que os xenéricos son uns medicamentos coma outros calquera, máis baratos e máis nada.

suaseiras dijo...

Dos xénereicos (segundo falan os especialista)non se sabe nada..., non saben os efectos nin das menciñas nin alimentos.
Aquí en Galicia, somos tan pioneiros(...????)
Non son os mesmo medicamentos, nin as mesmas dosis.
O que si é verdade, que son moito máis baratos.Seica, cuestións de guerras dos laboratorios, (non sei)
Salvo escrito médico, non temos outras menciñas subvencionadas, que non sexan xénericos, aquí en Galicia.
Ou sexa,o teu escrito é Fantástico...PARA A OCASIÓN!!

Madoé dijo...

Pe posta te vexo no tema...

Anónimo dijo...

Como médico te digo que los genéricos contienen la sustancia activa que se indica pero la dosis por unidad (comprimido, cápsula, cucharada, ampolla, etc.) puede variar entre un margen

Madoé dijo...

Moitas grazas Sr. ou Sra. Anónimo pola interesante información.
(Quen me dera saber quen está detrás do anónimo, jajaja).

suaseiras dijo...

Si, de acordo anónimo médico, que si nos queredes matar, disimulando un pouco, non?
É broma, eh!?, os médicos,(a maioría)
BEN QUE SE IMPLICAN EN FACER O QUE TEÑEN QUE FACER.

eutimos dijo...

Je,je, se me escapó el mensaje sin nombre. Pero seguro que me reconociste.

Madoé dijo...

Sospeitei, pero non estaba segura. :-)

rascacheiro dijo...

Iso quere dicir que cos xenéricos podemos estar tomando por ex. un gramo de algo e realmente ser 2, 3, 4... gramos???????
A miña filla maior tivo unha reacción tremenda e supoñemos que foi a un xenérico... Igual a explicación é esa que comentas, Eutimos, que a dose foi moita...

eutimos dijo...

El problema se le plantea al médico sobre todo al cambiar de uno de marca al genérico, pero en general la dosis es menor,(ahorro encubierto). Hay un margen legal permitido, en más y en menos. Es complicado en medicaciones que deben ser muy ajustadas, como insulinas o antiepilepticos o antipsicoticos, por ejemplo.

Madoé dijo...

¡Que interesantes estas parrafadas médicas! Nunca imaxinei que a fantasía e a ignorancia no tema, das que botei man para o relatiño, desen para tanto.

suaseiras dijo...

Co teo permiso Madoé, voume a dirixir a Eutimos, a ver se me saca de un par de dúbidas (aproveitando que é médico)

Que sabemos de lo genéricos?
Que los principios activos son iguales a los medicamentos de marca y son mucho más baratos.
Mi pregunta Eutimos:
Y los subproductos derivados del principio activo?
Y su fabricación?
No tiene nada que ver en el resultado final del medicamento?
Vamos a suponer que incluso son mejores(que no lo son, que pudieran serlo,pero, no los expendería la seguridad social) ) Y que está todo muy bien regulado y controlado(amiguismos, chantajes, sobornos, etc) Que puede pasar con los laboratorios de investigación... Que pasará con las farmacias con el PODER de sacar variantes de los principios activos?
Sabes cuando ha empezado la locura de los genéricos?
Sabes como nos lo han impuesto aquí en GALICIA!?
Gracias Eutimos.
Chao Madoé-

rascacheiro dijo...

Pois xa ves... Isto é o que ten a marabillosa literatura!!!

rascacheiro dijo...

Sigo pensando... se entón a dose normalmente é menor, probablemente a reacción puido ser -non a unha sobresode, como eu pensaba- senón ao contrario: a que a dose, por escasa, non foi suficiente para atallar o mal... Non si?

Madoé dijo...

Eutimos, vale máis que abras unha consulta por aquí cerca... :-)

eutimos dijo...

Los genéricos son como las marcas blancas, no de tanta calidad pero suficientes en la mayoría de los casos. Los laboratorios que hacen investigación se financian en parte con sus productos pero una vez amortizado el estudio no bajan el precio. Ahora algunos lo hacen para competir con el genérico,y asi no hay escusa para no poderlos recetar.
Las diferencias son también en forma de presentacion o variedad de dosis. Eso es lo que complica la prescripción, si quiero dar 10 mg. y solo tengo comprimidos de 25 mg, he de dar12,5 partiendo la pastilla.
Bueno, no se mucho más sobre el tema y que he dejado de ejercer profesionalmente.