POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 ene 2012

VIAXE PROGRAMADA / VIAJE PROGRAMADO

Compartiron a ducha para axudarse, como viñan facendo ultimamente. Perfumáronse, vestiron os mellores traxes e olláronse con tenrura, coma nos seus tempos mozos. Collidos da man, emprenderon aquela viaxe que se prometeran o día do casamento. Sentíanse infinitamente felices. 

E así os atoparon: xuntos e con plácidas facianas. Parecía que estaban vivos.

(Imaxe baixada de internet)
Compartieron la ducha para ayudarse, como venían haciendo últimamente. Se perfumaron, vistieron sus mejores trajes y se miraron con ternura, como en sus tiempos mozos. Cogidos de la mano, emprendieron aquel viaje que se habían prometido el día de la boda. Se sentían infinitamente felices.  

Y así los encontraron: juntos y con plácidos semblantes. Parecía que estaban vivos.


(Relato seleccionado para formar parte do libriño titulado CACHITOS DE AMOR, resultado do I Concurso de Microrrelatos Románticos ACEN)

5 comentarios:

Eutimos dijo...

Sería muy hermoso compartir el último viaje con la persona amada, pero no siempre el destino nos da esa oportunidad.

Rascacheira dijo...

Lamento disentir, Eutimos. Para que queres facer esa viaxe derradeira se, total, non te vas enterar!!

eutimos dijo...

Pero me si me enterare de mi soledad si no lo hago, y será muy triste.

suaseiras dijo...

Noraboa Madoé!!
O libriño onde se pode mercar?
Digo, por colaborar un pouco e non ir tanto de "jeta" pola vida...,xa que ti non cobras dereitos de autora, pois iso, eh!?.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Grazas, suaseiras, polos parabéns e pola boa disposición. O libro pódese comprar pedíndoo a unha librería de Valencia. Pero xa che contarei por outra vía.