POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

9 ene. 2012

NEVADA ASTURIANA



(Imaxe baixada de internet)
Xa era fermoso
e pintouse de neve.
¡Guapo, Boal!






Ya era precioso
y se pintó de nieve.
¡Guapo, Boal!

5 comentarios:

Madoé dijo...

Boal é a terra dunha comentarista. A ver se se manifesta... :-)

suaseiras dijo...

Home, supoño que será Rascacheiro, por algún comentario que fixo.
Si que é chulo, Asturias é toda ela preciosa.

Es Asturiana, Rascacheiro?, escribes moi ben o galego...Moi ben!!

rascacheiro dijo...

Son máis ben "arraiana", ou sexa da raia, como di un amigo meu: da Galicia irredenta, vamos...
Si, Boal é un sitio guapo guapo guapo e esa neve en especial tráeme moitos recordos tamén moi guapos.
Grazas, Madoé!

Madoé dijo...

Pero cantas voltiñas das para non confesar que es asturiana. :-) Se é doble mérito, muller: ser de fóra e falar e escribir moito mellor cá inmensa maioría de dentro. E, sobre todo, amar o galego e a Galicia como ti o fas.
De nada, de nada...

rascacheiro dijo...

A verdade é que non é que non queira confesar que son asturiana... é que non me considero tal, por iso non confeso. Cando estudaba en Oviedo era Begoña, a galega!!! E aquí resulta que vou ser Begoña, a asturiana??? jejeje... COMO LA VIDA MISMA!
O certo é que nunca me identifiquei co carácter, cultura... etc. de Asturias. Non me custou nada adaptarme cando cheguei a Santiago a estudar. E a esta terra que é verdade que quero MOITO, cheguei polo motivo de sempre: por amor. E por amor a ela sigo nela.