POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

18 ene 2012

POESÍA



(Imaxe baixada de internet)



Desde que cumprín os oitenta, a miña vida non rima.




Desde que cumplí los chenta, 
mi vida no rima.

8 comentarios:

Eutimos dijo...

Desde mucho antes, a veces, hay que escribir cada día en verso libre tratando de que sea hermoso.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que razón tes...!

rascacheiro dijo...

E antes dos oitenta... rimaba??

Edita Nogueira Tallón dijo...

En asonante, de vez en cando...

suaseiras dijo...

É unha boa idade para deixar de remar, digo de rimar, xa un é todo un poema!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ohhhh, como falas..., digo, como escribes!

Xa o textiño era pequeno e cativo, pero ante os vosos excelentes comentarios, encóllese o pobre...

Rascacheira dijo...

Non é que se encollese o texto, é que el fai que outros textos se estiren...

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Ahhhh!:-)