POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 ene 2012

ANTE TODO, RESPECTO / ANTE TODO, RESPETO

   
     - Cariño, ¿que lle pides ó ano novo?
    - Só unha cousa: que sigamos odiándonos con respecto como ata agora.


(Imaxe baixada de internet)



    - Cariño, ¿qué  pides para el nuevo año?
    - Sólo una cosa: que nos sigamos odiando
      con respeto como hasta ahora.

4 comentarios:

Eutimos dijo...

No por respetuosa menos triste relación de pareja.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Por suposto! O do respecto é unha malvada ironía, unha pincelada de humor negro.

Rascacheira dijo...

No coment!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si comentaches, si... :-)