POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

26 dic. 2011

MURALLA DE LUGO



(Imaxe baixada de internet)
Cinto romano 
de pedras inmortais
cinguindo Lugo.
Pola fibela vella
fai que fuxe a historia.

Cinto romano
de piedras inmortales
rodean Lugo.
Por la fíbula vieja
finge huir la historia.



6 comentarios:

Eutimos dijo...

Muy lograda y sugerente la imagen "finge huir la historia".

rascacheiro dijo...

E non fuxirá de verdade?

Madoé dijo...

¡Eu que sei...!

suaseiras dijo...

Creo que non, rascacheiro.
Este haiku de madoé, dou xustiño no punto.

Madoé dijo...

Suaseiras, toma o que queiras, pago eu. :-)

suaseiras dijo...

Jajaja...Vale!!

Cando observo os edificios moi antigos, pedras vellas, teño a sensación de que queren contar moitas cousas... E non todas boas.

Así e todo, teñen unha forza que me atraen..., moitísmo!!