POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 dic. 2011

MISTERIO NA BIBLIOTECA / MISTERIO EN LA BIBLIOTECA


O outro día, a mestra levounos á biblioteca do colexio para buscar información sobre a época medieval, os reinos daquel tempo, as guerras e todas esas lerias que tanto lles gustan ós profes. E alí estivemos desde as doce ata as dúas. Mellor dito, estiveron, porque a min pasoume unha cousa...Non sei se vola debería contar...Si, creo que é mellor que o saibades.

(Imaxe baixada de internet)
Resulta que, como o tema non me interesaba moito que digamos, empeceille a botar unha ollada a outros libros que me tiñan mellor pinta (mira que che hai ben libros na biblioteca, nunca me decatara). E chamoume a atención un que na portada non tiña nada, nin título, nin autor, nin tan sequera estaba pintado, era incoloro coma a auga. En realidade, non o vin, tropecei con el. Tanto me impresionou, que non tiven máis remedio ca collelo. Unha forza descoñecida fíxome agachalo debaixo do gabán e pedinlle á mestra para ir ó servizo. Aínda ben non cerrara a porta do váter, o libro saíu disparado do seu escondedoiro e deume tal golpe na cabeza, que perdín o sentido. Pero non foi un desmaio normal. En vez de caer no chan como lle pasa a todo o mundo, empecei a elevarme coma se tivese ás. Non me pesaba o corpo e saín voando por riba da porta. Nun intre, cheguei a unha herbeira cheíña de vacas de todas as formas e cores. O certo é que souben que eran vacas porque mo dixeron elas, que a min parecíanme máis ben  bechos extraterrestres ou algo así.

De alí a un anaco, apareceu un coche tan raro coma as vacas, con forma de rato sen rabo e que, en vez  de rodas, tiña zocos.  Sen consultarme nin nada, colleume e transportoume ata unha casa máis estraña aínda, sen ventás e cunha soa porta, ¡pero no tellado!. Aquela especie de coche fantástico lanzoume e aparecín petando á porta sen máis nin máis. Abriume unha meiga, igualiña cás dos contos, e sen darme explicacións (a verdade é que eu tampouco llas pedín), levoume por unha escaleira abaixo, abaixo... abaixo... abaixo...Nunca se acababa.

Atopoume o conserxe ás nove da noite, tirado no servizo, cheo de fame e de frío. Disque ás dúas da tarde, marcharon todos sen que ninguén se decatara da miña ausencia. Nin o meu mellor amigo. ¡Vaia desilusión! Meus pais, ó ver que non chegaba á casa, preocupados, buscáronme por todos os sitios e ata deron parte da miña desaparición á  Garda Civil.

(Imaxe baixada de internet)
Conteilles o que me pasara e leváronme ó psicólogo. Ninguén me cre. ¡Pero eu xúrovos que é verdade!. E o máis grave é que o maldito libro segue aquí, na escola. Vino onte. Mellor dito, noteino. Pero non vos podo dicir onde. ¡Non me deixa!






El otro día, la profesora nos llevó a la biblioteca del colegio para buscar información sobre la época medieval, los reinos de aquel tiempo, las guerras y todos esos rollos que tanto les gustan a los profes. Y allí estuvimos desde las doce hasta las dos. Mejor dicho, estuvieron, porque a mí me ocurrió una cosa... No sé si os lo debería contar... Sí, creo que es mejor que lo sepáis.

Resulta que, como el tema no me interesaba mucho que digamos, empecé a echarle una ojeada a otros libros que me tenían mejor pinta (mira que hay libros en la biblioteca, nunca me había fijado). Y me llamó la atención uno que en la portada no tenía nada, ni título, ni autor, ni tan siquiera estaba pintado, era incoloro como el agua. En realidad, no lo vi, tropecé con él. Tanto me impresionó, que no tuve más remedio que cogerlo. Una fuerza desconocida me hizo esconderlo debajo del abrigo y le pedí a la maestra para ir al servicio. Nada más cerrar la puerta del váter, el libro salió disparado de su escondrijo y me dio tal golpe en la cabeza, que perdí el conocimiento. Pero no fue un desmayo normal. En vez de caer en el suelo como le pasa a todo el mundo, empecé a elevarme como si tuviera alas. No me pesaba el cuerpo y salí volando por encima de la puerta. En un instante, llegué a un prado abarrotado de vacas de todas las formas y colores. Lo cierto es que supe que eran vacas porque me lo dijeron ellas, que a mi me parecían más bien bichos extraterrestres o algo así.

Al poco tiempo, apareció un coche tan raro como las vacas, con forma de ratón sin rabo y que, en vez de ruedas, tenía zuecos. Sin consultarme ni nada, me cogió y me transportó hasta una casa más extraña aún, sin ventanas y con una sola puerta, ¡pero en el tejado!. Aquella especie de coche fantástico me lanzó y aparecí llamando a la puerta sin más ni más. Me abrió una bruja, igualita a las de los cuentos, y sin darme explicaciones (la verdad, yo tampoco se las pedí), me llevó por una escalera abajo, abajo... abajo... Nunca se acababa.

Me encontró el conserje a las nueve de la noche, tirado en el servicio, muerto de hambre y de frío. Por lo visto, a las dos de la tarde, marcharon todos sin que nadie se percatara de mi ausencia. Ni mi mejor amigo, ¡vaya desilusión! Mis padres, al ver que no llegaba a casa, preocupados, me buscaron por todas partes y hasta dieron parte de mi desaparición a la Guardia Civil.

(Imaxe baixada de internet)
Les conté lo que me había pasado y me llevaron al psicólogo. Nadie me cree. ¡Pero os juro que es verdad! Y lo más grave es que el maldito libro sigue aquí, en la escuela. Lo he visto ayer. Mejor dicho, lo he notado. Pero no os puedo decir dónde. ¡No me deja!

5 comentarios:

Eutimos dijo...

Realmente, un libro en blanco es una sugerencia para mil historias. Aunque nadie las crea.

suaseiras dijo...

Eu si o creo. (xa me pasou algo así)

"Nas bibliotecas hai moitos misteiros"

Non recoñecería o texto...!!

Madoé dijo...

¡Non entendo! A ver se me traduces un chisco...

suaseiras dijo...

Nas bibliotecas hai moitos misterios,moitos...Ti ben o sabes.

O neno quedou sorprendido, incluso asustado, pero eu dirialle que se deixara levar, é todo unha honra que te elixa un libro, totalmente máxico!!

Trouxome moi bos recordos este texto,aínda que non me parece da túa liña.

Madoé dijo...

¿E iso é bo ou é malo? Que non sexa da miña liña, quero dicir. Es boa observadora. Pois tes razón. Este foi feito por encarga cerebral para un contacontos, para ser narrado por un alumno. Despois resultoulle longo de máis, cambiei o neno por unha nena e fíxoo perfecto. Había que ver ó final as cariñas de medo dos nenos oíntes...