POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 dic 2011

MEL AMARGO / MIEL AMARGA

(Imaxe baixada de internet)



Buscou, entre as lembranzas, doce consolo. Pero só atopou sucedáneo feito paradoxo: lúa de mel, a súa primeira viaxe cara á amargura  actual. 






Buscó, entre los recuerdos, dulce consuelo. Pero sólo pudo hallar sucedáneo hecho paradoja: luna de miel, su primer viaje hacia la amargura actual.

7 comentarios:

Eutimos dijo...

De nuevo un hiperbreve sobre el desamor, bien dice el clásico "luna de miel/luna de hiel".

Rascacheira dijo...

Nunca entenderei como se pode seguir vivindo nunha amargura tal, nin buscar consolo entre as lembranzas para só atopar unha lúa de mel-hiel!
Que é o que impide fuxir, voar, escapar?
Cabreáme a pasividade, o non reaccionar, o apalancar...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Que guerreira vés!!! :-) Pois anque non estou de acordo con esa actitude, por suposto, eu si creo que a dou entendido. Para escribir cousas que non vives nin de cerca, hai que poñerse na pel do outro, non hai outra maneira.

suaseiras dijo...

Temos un dito por aí que di:se non che gusta o que tes cambio, si non o queres cambiar, non te queixes.

Parece moi doado dicilo....

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡¡¡Exacto!!! Parece moi doado dicilo...

Creo que xa podes ir empezando a escribir microrrelatos. :-)

carnota dijo...

Eu penso que é unha cuestión de física: de forza, de enerxía e de movemento. Para saír dunha situación paralizante é preciso superar a forza da gravidade que nos ancora ao chan. Para isto precisamos unha enerxía "centrífuga", que se cadra non temos.
Para xerar esta enerxía precisamos movemento. ¿Cal é a clave, pois? Bailar, bailar, bailar.
Parece unha frivolidade pero non o é tanto. UNS MINUTOS DE REFLEXIÓN.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Parece que che prestaron as uvas!!! Que profunda, que filosófica, que maneira de asoballar...
Tardas en aparecer, pero cando o fas, das as campanadas. :-)