POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 dic 2011

FELICIDADE VIRTUAL / FELICIDAD VIRTUAL


(Imaxe baixada de internet)
O último fillo que quedaba na casa acaba de independizarse. A crise obrigou ó seu marido a aceptar un traballo noutra cidade. Ela, desorientada, non sabe que facer co seu tempo. Segundo van pasando os días, acompáñana o medo, a angustia e ata a depresión. Unha boa amiga, despois de varios intentos malogrados de levala a un especialista, introdúcea en internet. Case sen decatarse, descobre un novo mundo que a vai atrapando, desconectando da realidade. Entre os seus contactos cibernéticos, hai un especial que a comprende mellor ca ninguén, aconséllaa, dálle vida...

Unha mañá érguese cantaruxando aquela coñecida canción de Cecilia e, de súpeto, veo todo claro: ninguén a coñece como o seu home, é el quen lle manda ramiños de violetas camuflados entre conversacións de chat, seguro. ¡Nunca fora tan feliz! E xamais saberá que o benfeitor anónimo que o azar puxo no seu camiño é unha prestixiosa psiquiatra.



El último hijo que quedaba en casa acaba de independizarse. La crisis obligó a su marido a aceptar    un trabajo en otra ciudad. Ella, desorientada, no sabe qué hacer con su tiempo.  Según van pasando los días, la acompañan el miedo, la angustia y hasta la depresión. Una buena amiga, después de varios intentos fallidos de llevarla a un especialista, la introduce en internet. Sin darse apenas cuenta, descubre un nuevo mundo que la va atrapando, desconectando de la  cotidianeidad. Entre sus contactos cibernéticos, hay uno especial que la comprende mejor que nadie, la aconseja, le da vida…


Una mañana se levanta canturreando aquella conocida canción de Cecilia y, de repente, lo ve todo claro: nadie la conoce como su esposo, es él quien le manda ramitos de violetas camuflados entre conversaciones de chat, seguro. ¡Nunca había sido tan feliz! Y jamás sabrá que el benefactor anónimo que el azar puso en su camino es una prestigiosa psiquiatra.

7 comentarios:

Edita Nogueira Tallón dijo...

A prestixiosa psiquiatra usaba no chat o seudónimo de Eutimos. ¡Que casualidade! :-)

nandina dijo...

Que me dix!!
Máis noraboas, Eutimos.
E o que lle mandaba ramiños de violetas, sabía a quen llos mondaba!?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Haberá que preguntarlle a Eutimos, a ver que di... :-)

Eutimos dijo...

¡Vaya, vaya!bonita historia. Lo mejor es que la psiquiatra no sabía que estaba haciendo feliz a aquella paciente que dejó de acudir a consulta porque no le ayudaba demasiado y la dejó frustrada como profesional.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Ja Ja ja. Creo que te confundes de paciente... Dalle un repasiño á historia, esta non foi nunca a consulta, só chateaba coa psiquiatra, e nin sabía que profesión tiña, nin se era home ou muller, xa sabes, o anonimato da rede... :-)

Eutimos dijo...

Seguí tu relato (de ficción) y me proyecté por las veces que el paciente abandona y no se sabe si porque no se ha sentido comprendido en absoluto, o se ha sentido demasiado comprendido y se ha asustado de seguir tirando del hilo. Imaginé que en la red es más sencillo por aquello mismo del anonimato.

suaseiras dijo...

Tremendo enredo, jajaja...
Bueno, ten o seu encanto.