POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 dic 2011

CHORRADA NAVIDEÑA

O Nadal é friaxe e calor de estufa.
(Imaxe baixada de internet)
É retorno, alegrías e morriña.
É un empacho de agasallos,
aparencia, compromiso, caridade,
parentes, inimigos  e abrazos.
É a mentira camuflada entre sorrisos.
É un virus contaxioso, unha febre,
que pasa, pero volve, sen remedio.
O Nadal é guerra en tregua
para limpar o canón das escopetas.
É o lobo disfrazado de año novo.


                                                     La Navidad es frío y calor de estufa.
                                                     Es retorno, alegrías y nostalgia.
(Imaxe baixada de internet)
Es empacho de regalos,
apariencia, compromiso, caridad,
parientes, enemigos y abrazos.
Es la mentira camuflada entre sonrisas.
Es un virus contagioso, una fiebre,
que pasa, pero vuelve, sin remedio.
La Navidad es guerra en tregua
para limpiar el cañón de la escopeta.
   Es el lobo disfrazado de cordero.


5 comentarios:

eutimos dijo...

Me encanta lo de lobos disfrazados de corderos, demasiado amor, paz y armonía solo por unos días y luego, vuelta a empezar la guerra.

suaseiras dijo...

Como a vida mesma...vamos!!!!
Pis iso...que a vida nos trate ben, aínda que veña mixturada: Friaxe, calor, idas e voltas,alegrías e morriñas, agasallos e roubos, aparencias, compromisos, caridades,familia, amigos,inimigos, mentiras, abrazos, sonrrisos.......
É o lobo disfrazado de FELIZ VIDA!!!

Rascacheira dijo...

Eu o que peor levo desta época é o p consumismo!

carnota dijo...

Pensa, Rascacheira. Non che dixeron os políticos que para saír da crise hai que consumir?. Pois consumamos, consumamos, consumamos... ata quedar consumidos, coa satisfacción de contribuír a levantar o PAÍS(PANOCOS, ANÓNIMOS,IRRELEVANTES, SUFRIDORES)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Aí, aí... Iso mesmo pensaba eu, pero non me atrevín a dicirllo. :-) Grazas, Carnota.