POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

3 oct 2011

TRONADA



(Imaxe baixada de internet)
Antes do trono
o lóstrego fugaz:
clímax de nube. 




Antes del trueno
relámpago fugaz:
clímax de nube.

6 comentarios:

Eutimos dijo...

Esplendido ese "clímax de nube"

Edita Nogueira Tallón dijo...

A min tamén me gusta, pero se o colle un xaponés, mándame con el á fogueira. :-)

suaseiras dijo...

Escentileo de claridade e brillo intenso, un espectáculo natural dos que mais me impresiona.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si, debe ser, con permiso dos volcáns, a marabilla da natureza por excelencia. ¿Pregúntalle á túa veciña a ver se pensa o mesmo? :-)

Anónimo dijo...

E que tal un ORGASMO de nube???

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿E logo que é clímax, Sr. ou Sra. Anónimo? Non terei que dicirlle que vaia ó dicionario de sinónimos... Puxen clímax porque é máis rápido, coma o raio (ten unha sílaba menos):-)