POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 oct. 2011

DIFERENZAS / DIFERENCIAS

(Imaxe baixada de internet)

Chuvia de estrelas 
as bágoas doridas
do neno amado.
Noite escura o sorriso
nos ollos secos do orfo.




(Imaxe baixada de internet)


Lluvia de estrellas
el llanto dolorido
del niño amado.
Noche oscura la risa
en ojos secos de huérfano.

15 comentarios:

Eutimos dijo...

Muy lograda la antítesis.

nandina dijo...

Preciosa a imaxe do ollo!!
NON HAI DIFERENCIAS NAS BAGOAS....

Madoé dijo...

Non sei, non sei...

Rascacheira dijo...

Como que non sabes?? Que é o que non sabes?
O que é, é e punto. E é así este poemiña-poemazo. Poemiña pola brevidade. Poemazo polo sentimento.

Eutimos dijo...

Hay diferencias, ¡y tantas!, el huérfano no tiene lágrimas, ¿para qué?, nadie se las enjugará, para el niño bien amado las lágrimas son estrellas y además fugaces.

suaseiras dijo...

As bágoas que non se ven, que non saen...Si que son diferentes-

Preciosa imaxe e tremendo haiku.

carnota dijo...

Vaia! Acabo de descubrir que hai Nandinas en Suaseiras.
Estou de acordo con Eutimos. Só se chora cando queres impresionar a alguén e o neno orfo nin sequera se plantexa a autocompaixón. ¡¡Que pena non poder expresar a pena!!

Madoé dijo...

¡Pois vaia descubrimento! Nandinas hainas en moitos sitios, ata na miña casa. E ben chulas que son. :-)

suaseiras dijo...

Só se chora cando queres impresionar alguén!?!?!?!?!?!?!?!?!?!?!?


O descrubremento dás nandinas a santo de que ven... ai!estas mal, eh!! Carnota.

nandina dijo...

Ola a todos e a todas.

Nun comentario meo, Madoé, fixo referencia dél a Rascacheira, chamándome Suaseiras. Supoño que ben por aí o comentario de Carnota.

Non te p i q u e s Suaseiras, que "el que se pica ajos mastica"

Só unha cousiña, nas bágoas non
atopo diferenzas. Peo este haiku,
si consigueo o sentimento que me levou a elas.

Biquiños.

Madoé dijo...

¡Ai que lapsus! Mil perdóns, Nandina. A Suaseiras tamén a teño confundido con Rascacheira. Como estas dúas comentaristas son as mais habituais, váiseme a man (non vou dicir que se me vai a "olla"). ¿E como non me avisaches? Entendo que sería porque andas pouco por aquí e non o viches ata hoxe.
Agora mesmo busco o comentario e elimínoo.

nandina dijo...

Por favor, Madoé, no pasa nada.
Sí, que ando por aquí con frecuencia, pero me cuesta comentar.

Con tu permiso, me uno al ánimo! de Eutimus.

Un abrazo.

Madoé dijo...

Pois o meu permiso claro que o tes.

Unha pregunta un tanto indiscreta: ¿es galega? Como vexo que ás veces usas o galego e outras o castelán...

nandina dijo...

Eu son máis preguiceira cá ti para escribir en galego. Sí, son galega e vivo como galega e tamén me gusta "maloserá".

A familia por parte de meu avó, é mexicana.Outro día, contareiche a historia de meo avó e a de nandina.

Un abrazo.

Madoé dijo...

¡Que interesante! Xa estás tardando...