POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

12 oct. 2011

UN MÁIS UN NON SON DOUS/ UNO MÁS UNO NO SON DOS

Non sei se te amo ou me queres;
se me adoras ou te aprecio.
Tampouco sei se me atraes;
ou se aínda me desexas.

Pero sabes
que se te vas, non respiro;
que se penso, penso en ti;
que nacín cando chegaches
e morro cando me faltas.

E sabemos
que nos mantemos unidos
co fío da liberdade.
Que por vías paralelas
camiñamos abrazados.



(Imaxe baixada de internet)
No sé si te amo o me quieres;
si me adoras o te aprecio.
Tampoco sé si me atraes;
o si tú aún me deseas.

Pero sabes
que si te vas, no respiro;
que si pienso, pienso en ti;
que nací cuando llegaste
y muero cuando me faltas.

Y sabemos
que perduramos unidos
con hilos de libertad.
Que por vías paralelas
caminamos abrazados.

6 comentarios:

Rascacheira dijo...

O recitado: impecable, coma sempre!
O que máis me gusta son eses dous versos: QUE NOS MANTEMOS UNIDOS
CO FÍO DA LIBERDADE.
Iso si que me soa realmente a amor!
Non?

Eutimos dijo...

El poema tiene el ritmo de la lanzadera creando el delicado tejido del amor "con hilos de libertad".

Madoé dijo...

Xa vexo que teño en Rascacheira unha fan incondicional do recitado. Estou encantada.
E vexo que coincidides as dúas citando o mesmo verso. Igual é o único bo do poema...:-)
Unha metáfora preciosa, Eutimos.

suaseiras dijo...

Moi blanco todo...Non?

Madoé dijo...

Non, tamén hai bastante rosa. :-)

suaseiras dijo...

Jajajaja...tes razón, non quería chegar tan lonxe.