POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

8 oct 2011

¡POR FIN!



"El anciano" de Jorge Tello (internet)


Dedicou a súa vida a buscar felicidade e non a atopou. Pero non se rende: espera, ilusionado, a ventura da morte.




Dedicó su vida a buscar la felicidad y no la halló. Pero no se rinde: espera, ilusionado, la dicha de la muerte.

4 comentarios:

Eutimos dijo...

Muy duro y desesperanzador, pero impactante literariamente hablando. Hay que ver con qué pocas palabras armas una historia que uno puede rellenar a voluntad. La imagen, muy acorde y hermosa en su sordidez.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa o dixen noutras ocasións: o comentario revaloriza o relato. Estou encantada.

suaseiras dijo...

Uf, desexolle moita sorte.

suaseiras dijo...

Por certo, acabo de ler un libro de...tropecentas páxinas, contando a vida duns paisanos na procura da felicidade que, aínda que as comparacións son odiosas, pero vendo relatiños teos, moito papel ghastan alghúns.