POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

27 oct 2011

DESCONSIDERADA


(Imaxe baixada de internet)


Agardábana para comer e aforcouse sen avisar.




La esperaban para comer y se ahorcó sin avisar.


7 comentarios:

Rascacheira dijo...

HALA!!! Pois si que era desconsiderada, si... mira que non ir comer só por poder aforcarse!!

Eutimos dijo...

Pues yo pienso que menos mal que no avisó aduciendo el motivo, les hubiera amargado la comida, ¿o quizás no?

Edita Nogueira Tallón dijo...

De calquera xeito, a comida amargóullela, seguro. Pero non creo que a ela lle preocupase moito iso... ¿Ou sería esa, precisamente, a súa intención?

suaseiras dijo...

Esta etiqueta de nanorrelatos??


Nos tempos que corren...
Que falta de consideración, por favor.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Esta etiqueta é nova. Tiña por aí uns poucos relatos minis que non me encaixaban en ningunha. "Nano" é un prefixo que aplicado á palabra metro (nanometro) significa milmillonésima parte dun metro (coma 5 átomos xuntos). Neste caso, aplicado ós relatos, significa relatos mínimos, unha caquiña de relato, vaia. Non inventei eu o palabro, eh, saquei a idea dun concurso de "nanorrelatos".

suaseiras dijo...

Moi interesante,
Minis relatos, queres superarte a ti mesma. Vale, é a tua especialidade.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Cada vez, máis preguiceira...