POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
12 comentarios:
INÚTILESSSSSSSSSSSSSSSSSS??????????
Como van ser inútiles as chorimas se, como mínimo, son un agasallo para os ollos?
Xa. "Mírame y no me toques"
Para algo máis servirán... seguro. Seguro que son moi boas en infusión para ... ??? BUSCAREI.
Busca, busca...
Xa busquei:
"As infusións de flor de toxo son sensacionais para o figado".
UNHA CURIOSIDADE:
O dito de que "O toxo sempre está en flor en Galicia" queda explicado co seguinte: dado que hai tres tipos de toxo (anano, arnal, femia) e florecen en distintas épocas, parece que sempre están florecendo.
De aí a cor amarela, claro...Pois agora só hai que buscar un voluntario (mellor voluntaria jajaja)para apañalas e listo.
Si nos fixamos un pouco, as floriñas do toxo, teñen moita semellanza co sexo femenino.
Ollo!, que non ten dobre sentido, a non ser...
Mira ti por onde... Aínda vai haber que crear o día mundial do toxo. Ou sexa, o MEU día mundial, porque eu son un toxo. O que non entendo é que do toxo só me gusta o nome, a palabra...
A ver, Rascacheira, erudita na materia, sigue investigando e dime cal dos tres tipos de toxo son eu.
Calquera dos tres... elixe ti, ata aí chega a democracia toxil!!!
Só unha cousa máis para os que sodes tan toxos-as:
A planta do toxo contén citisina, de acción tóxica sobre os ganglios aos que primeiro excita e logo paraliza. Que non che pique un toxo nun ollo, din no servizo de oftalmoloxía, porque non ten amaño, a infección é a maior que podías ter.
Pero... parece ser que "o toxo pode ter moito que decir nas doenzas do cancro no futuro."
Pois mira que sabes cousiñas dos toxos ¿Por que será...? ¿Pero a que os toxos non son perigosos para outro toxo? Pois daquela, coidádevos vós que eu non lles teño medo.
Esquecín dicir antes que estiven informándome das características dos tres tipos de toxo e non me identifico con ningún. Se cadra co gateño (anano) por aquilo de que florea no outono, pero como o alecrín non me gusta... Creo que en vez de toxo vai resultar que son simplemente espiña, figueira con espiñas, unha especie rara sen catalogar.
Publicar un comentario