POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 jul 2011

AGASALLO DE DESPEDIDA / REGALO DE DESPEDIDA

(Imaxe baixada de internet)


Traballadora e constante.
Realista e positiva.
Por intelixente, eficiente.
Práctica, sensata,
pacífica, discreta…
Fáltanme palabras,
sóbranme os afagos.
Resumo: encantadora.
Podíase chamar Rita.




(Imaxe baixada de internet)
Joven, pero madura.
Trabajadora y constante.
Realista y positiva.
Por inteligente, eficiente.
Práctica, sensata,
pacífica, discreta...
Me faltan palabras,
me sobran halagos.
Resumo: encantadora.
Se podría llamar Rita.

4 comentarios:

Rascacheira dijo...

E xa o leu Rita? Sabe que llo escribiches?
Moi bonitas as imaxes, sobre todo as floriñas...

suaseiras dijo...

Que chulada!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

¿Se o leu a que podía chamarse Rita, queres dicir? Pois si e non. Xa che explicarei.

suaseiras dijo...

Bueeeeno....dende aqui, sigue sendo unha chulada.