POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
6 comentarios:
Canto tempo fai que non vexo un campo de mapoulas, é todo un espectáculo!!
Xusto, un precioso espectáculo. A primeira vez que vin un coma o da foto, foi camiño de Madrid un maio de hai mil anos. Viaxe en 600, cinco mulleres, bocadillo ó pé do trigo... Nunca o borrei da memoria.
Bonita viaxe debeu ser! Pois eu recordo outra, pero esta co meu pai. Viñamos de Salamanca, a súa "patria chica", e paramos a comer un "hornazo". Tamén nos rodearon as mapoulas, espectaculares! E tampouco a borrei da memoria.
Bueno, eu tamén viña. Cando fomos, fíxose noite e non paramos nos trigais.
A viaxe, fermosa, fermosa..., non sei se foi, pero inolvidable si.
Salamanca...¡que fermosa cidade! ¿E que é un "hornazo"?
Si, Salamanca é ESPECTACULAR! Eu fun moitos veráns, de nena. Cando me fun facendo maior, xa me "liberei" e andaba polo mundo adiante, sen pais... Pois... un hornazo é unha especie de empanada con lomo, ovo cocido, chourizo ibérico... e cun pan!!!! Cun pan castelán de primeira. Das comidas da zona sempre foi o que máis me gustou, ademais do farinato. Non deixes de probalo se te achegas por alí.
Pois xa me tarda probalo; e co lixeiriño que parece, anque sexa á noite...
Publicar un comentario