POR QUE
ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes
:“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.
“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.
9 comentarios:
Moi chulo..., e moi chula a imaxe.
Como traballas!!
Á imaxe cheguei de casualidade despois de ver tropecentas, coma sempre. Pero estaba aí agardando por min.
¿Traballar, dis? Isto é máis ben enredar.
Pois a min dáme algho de medo...
A min, ningún. Pero xogo con ventaxa, coñézoa en persoa, por fóra e ata algo por dentro...
Falas da noite, claro!!! E logo o día???
Eu falaba da imaxe, non da noite...
¡Eu tamén falaba da imaxe! Dígoche que coñezo a casa esa.
Ahhh... !!! Pois será por iso... porque se non...
Es muy sencillo pero tiene un ritmo y una cadencia especial sugerente del eterno ciclo de la luz y la sombra. Me ha gustado mucho
E a min gústame que che guste.
(Y a mi me gusta que te guste).
Publicar un comentario