POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 jun 2011

Á DERIVA / A LA DERIVA

                                                                                           
Deixou atrás país, choza e familia. Por equipaxe, un triste fardo acugulado de pobreza e esperanza. Os aforros que non tiña empregounos naquel pasaxe ó infinito, que un compatriota preeiro lle pintou de cores. Agora, perdido no océano, exhausto e queimado, rodeado de corpos deshidratados e moribundos, apenas lle quedan forzas para ver a realidade. Só un desexo: que a tortura remate canto antes. Reza. Ignora que xa  queda pouco para o final. Os deuses cambiáronlle unha vida miserable polo luxo dunha morte anónima no fondo do mar.















Dejó atrás país, choza y familia. Por equipaje, un triste fardo cargado de pobreza y esperanza. Los ahorros que no tenía los empeñó en aquel pasaje al  infinito, que un compatriota carroñero le pintó de colores. Ahora, perdido en el océano, quemado y exhausto, rodeado de cuerpos deshidratados y moribundos, apenas le quedan fuerzas para ver la realidad. Sólo un deseo: que la tortura se acabe cuanto antes. Reza. Ignora que ya queda poco para el final. Los dioses le han cambiado una vida miserable por el lujo de una muerte anónima en el fondo del mar.
                                                                         

4 comentarios:

Rascacheira dijo...

Lino Braxe ten un poema precioso sobre o tema:

A patera

Ela cruzou o estreito
nunha triste patera.

Ela pagara a pasaxe
para fuxir da area.

...

E soaron disparos.
E volcou a patera.

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Que bonita maneira de dicirme que perdín o tempo, que xa estaba todo dito! Pois menos mal que se me ocurriu escribir en prosa... :-)

suaseiras dijo...

Mira ti por onde...
Cando lin a reencarnación, pensei no tema este, agora podes entender os escalofrios!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Anda, mira ti por onde...