POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 abr 2011

MISIVA IMAXINARIA / MISIVA IMAGINARIA

              Querido Xe:
              Perdóame o de querido, que será o único que me teñas que perdoar. En cambio eu…Os meus ollos, por fin, confirmaron o que os oídos se negaron a escoitar durante tanto tempo. Vinvos. Era tan certo o que todos pregoaban coma falsas as túas palabras. Quixera estar cega para seguir créndote. Quixera estar corda e poder odiarte. Máis cá túa traizón, dóeme seguir amándote. Pero iso será a miña vinganza.
              Adeus.

             
              Querido Equis:
              Perdóname lo de querido, que será lo único que tengas que perdonarme. En cambio yo...Mis ojos, por fin, han confirmado lo que los oídos se negaron a escuchar durante tanto tiempo. Os he visto. Era tan cierto lo que todos pregonaban como falsas tus palabras. Quisiera estar ciega para seguir creyéndote. Quisiera estar cuerda y poder odiarte. Más que tu traición, me duele seguir amándote. Pero eso será mi venganza.
              Adiós.

6 comentarios:

suaseiras dijo...

Querido Xe:
Prepárate, este tipo de venganzas son
desesperantes...,fan desfeitas.

Rascacheira dijo...

Seguir amando... unha vinganza????
Umhhh... como que non...

Edita Nogueira Tallón dijo...

Insisto: na literatura todo é posible (e se non é moi boa, máis aínda).

Rascacheira dijo...

Pero... iso non vale. É trampa!!!

Rascacheira dijo...

Veña, veña... non se pode un desdobrar tanto... o que escribes terá que ser algo de ti, algo que pensas, algo que sentes, non podes inventar outro "eu"!!! NON VALE!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Estou en total desacordo, para variar... Ou sexa, segundo a túa teoría, o actor que fai de asasino na película é, á forza, mala persoa? Ai, ai, ai... Eu CASE penso que canto máis se diferencie o personaxe do autor ou do actor, mellor autor ou actor é.¡Hala! Non se pode menosprezar a capacidade de imaxinación ou a de poñerse no lugar do outro.¡Outro hala, hala!