POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

29 ene 2011

RETRATO

                      recitado



Esta noite falloume o sono
(Imaxe baixada de internet)
e chegou Cecilia.
Non sei por que.
Ou si o sei.
E fíxenlle un retrato.
¡Menos mal que non pintei!
Quedou fermoso
pero algo triste.
E non sei como amañalo.
Agardaremos que abra o día:
que o Sol brille na súa risa.


Este ano era gris
e chegou Cecilia
coa súa paleta de cores
á miña vida.
¡Como me gustaría
devolverlle, con intereses,
  a súa enerxía!

Esta noche me falló el sueño
y llegó Cecilia.
No sé por qué.
O sí lo sé.
Y le hice un retrato.
¡Menos mal que no he pintado!
Me ha salido hermoso
pero algo triste.
Y no sé como arreglarlo.
Esperaremos que  abra el día
y que el sol brille en su sonrisa.


Este año era gris
y llegó Cecilia
con su paleta de colores
a mi vida.
¡Cómo me gustaría
devolverle, con intereses,
su energía!

2 comentarios:

Rascacheira dijo...

Encantoume! E tamén a música, tan alegre... será como Cecilia?

Edita Nogueira Tallón dijo...

Así era. Agora xa non sei... :-(