POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

2 feb. 2011

NABAL



Doce amargura.
Grelos. Esencia verde
da terra meiga.



Dulce amargura.
Grelos. Esencia verde
de tierra mágica. 


23 comentarios:

Rascacheira dijo...

Das cousas máis ricas que ten o campo, para min... E do mar... o polbo!!! Ummmmmmmmhhhhhhhhhhhhh...(será que teño fame???)

Madoé dijo...

Será, será... :-)

lucia ribadulla dijo...

Mmm, sinto discrepar neste asunto pero seguen resistíndoseme.

Ademais cando a velliña solta un día no medio da comida con toda a sinceridade: "a verdade, non sei quen inventou isto de comer os grelos, porque mira que saben mal!" pois non axuda a crear un clima de confianza...jaja

Madoé dijo...

¡Que sorpresa e que alegría verte por aquí, Lucía! Aínda que sexa para criticar os pobres grelos... Entre nós, agora que ninguén nos ve: a min gústanme moito máis na leira ca no prato. :-)

Rascacheira dijo...

Arre, demo!!! Nunca pensei escoitar estas cousas nesta terra meiga!!!

lucia ribadulla dijo...

Pois creo que che lein todo, entro con relativa frecuencia pero nunca comento...pero cando vin o dos grelos, e xusto ese dia os habia para comer, non me puiden resistir a comentar.

Eres unha artista. Un bico

suaseiras dijo...

O grelo!!
Para min, o rei da verdura aquï e no resto do mundo.
Lucia, un dia (prometo) teño que convidarte a unha boa grelada, verás!.
Madoé, a imaxe é boiiiiiiiisima,doce amargura, claro, a xente nova...come se come eso!?

Madoé dijo...

Lucía, graciñas polo piropo. Xa sabes que as primeiras entradas non caben na páxina principal, pero é fácil acceder a elas. Tamén saberás que algunhas, ademais de lelas, pódelas escoitar. E comenta, comenta canto queiras, non te prives :-)
Suaseiras, a ver esa grelada..., ben acompañada doutras cousiñas aínda que non sexan da horta :-) Os grelos póñoos eu.

suaseiras dijo...

Pois vai!!
Para todos e todas do blob que se anoten no haikus do nabal.
MES FEBREIRO....dia a concretar.

Madoé dijo...

:-) A ver se non me van chegar os grelos para TANTA xente...

carnota dijo...

Hai tempo que non me entran os comentarios pero vendo que me quedo sen a grelada insisto, insisto...
Os grelos saben ben de por si, e os chourizos, e o lacón...¡Todo che é unha colestoralada!Nin unha leira de nabizas da contrarrestado os efectos dun bo prato á galega.

Madoé dijo...

Nunca pensei que unha leiriña de nabizas dera para tanto. Ata recuperei a Carnota como comentarista. Valeu a pena.

suaseiras dijo...

Estás nun pequeno erro, Carnota.
Según os especialistas estes de nutrición,(artigo da prensa)que a dieta
galega(grelos+chourizo+xamón+empanada+polbo+licor de cereixas+...etc.etc.)
que non ten nada que envidiar á tan cantada dieta mediterránea(que se supón que é moi sa, pero non se sabe moito de que vai).
Que si....igual nos pasamos na cantidade.Está tan bo...todo!!

carnota dijo...

Amor de madre, suaseiras.

suaseiras dijo...

Ja,ja ja...Sabíao!!

nandina dijo...

Case me apunto á grelada, a ese manxar de dioses galegos (polo menos)
Digo case, porque non sei o día, nin hora nin lugar.
Como se acaba febreiro....

Madoé dijo...

Pois vai haber que falar con suaseiras, que foi a da idea :-)
Febreiro remata, pero a lista non é moi longa que digamos...

suaseiras dijo...

Que ilusión, Nandina!!
Pois si, remata febreiro pero, queda marzo, abril, maio...
Non, en serio imos a polo lo día, que se acaban os grelos e as ghanas jajajajaja.
Que vos parece, luns ou martes de entroido? (7 ou 8 de marzo).
Xa me contaredes.

nandina dijo...

Sinto Suaseiras, outra vez será.... Grazas polo invite.
Por curiosidade, onde vives?

suaseiras dijo...

Entendo que non che vai ben ningún dos días, que mágoa nandina.
Comentaba Madoé, que a lista non é moi longa... VAI EN SERIO O DA GRELADA, EH!!
Vivo en Suaseiras, Concello da Estrada,(Pontevedra).
Como vos queda de man??

Madoé dijo...

Home..., a min... digamos que non me cadra en camiño. Pero se a lista medra...
(Esta é a proba do algodón: agora vou saber canta xente le isto. Se non hai voluntarios para comer..., mal vai a cousa ...jajajaja)

suaseiras dijo...

A grelada estivo de p.m.
As filloas tamén.
Mais información:..., istiverades jajaja.

Biquiños a Nandina que non puido vir e a Madoé que non lle medrou a lista.

Madoé dijo...

Jajajaja. Vou calar...