POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

13 feb. 2011

ACCIDENTE



É unha mañá morna e luminosa. Os paxaros celébrano con música en vivo. As flores coquetean co Sol. As bolboretas xogan a levitar. E Rosalía abafa o vidro da ventá co seu pranto, amarrada a unha fría cadeira de rodas. Desde hai un ano, para ela tódolos días son grises.

 
(Imaxe baixada de internet)




Es una mañana cálida y luminosa. Los pájaros lo celebran con música en vivo. Las flores coquetean con el Sol. Las mariposas juegan a levitar. Y Rosalía empaña el cristal de la ventana con su llanto, amarrada a una fría silla de ruedas. Desde hace un año, para ella todos los días son grises.



4 comentarios:

nandina dijo...

Rosalía, por favor, non deixes de ver as cores na túa alma, deixate voar polo universo e baila no medio do horizonte.

Madoé dijo...

O consello é bo. Lástima que Rosalía non o poida ler...

nandina dijo...

Pode... soñar?

Madoé dijo...

Se os personaxes literarios soñan, poderá... :-)