POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

1 ene 2011

DILEMA

(Imaxe baixada de internet)


Se cerro os ollos, é noite.
Se os abro, é ano novo.
Non sei que facer.





Si cierro los ojos, es de noche.
Si los abro, es año nuevo.
No se qué hacer.

6 comentarios:

Rascacheira dijo...

Ábreos ben e vai ver que ben SE VE o haiku á chinesa!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Xa os abrín. ¡Precioso!

rascacheiro dijo...

Ségueos abrindo, dentro de nada veñen os Reis!
Que lles pediches?

Edita Nogueira Tallón dijo...

¡Nada! Que me deixen como estou, non vai ser que...

suaseiras dijo...

O dilema é grande.
A imaxe está de p.m.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Si. Custoume atopala, pero cando dei con ela, non o dubidei.