Mirouna lentamente, de arriba a abaixo. ¡Canta roupa, que gusto! Empezou polo gabán, que se deixou caer sen opoñer resistencia. Despois a bufanda, suave, desenroscándose con sixilo de cobra. A chambra escasa daba moitas e boas pistas. Deixaríaa para máis adiante, hoxe non tiña présa. Centrouse na saia. Un botón, unha cremalleira e ó chan. ¡Fóra zapatos! As medias eran a súa debilidade. Primeiro saboreounas nos dedos; despois detivo a vista na cinturiña…
Demasiado tempo: aquela moza descubriu que a estaban espindo coa mirada e anoxouse. Tivo que pechar os ollos para deixala vestida inmediatamente.
![]() |
(Imaxe baixada de internet) |
La miró lentamente, de arriba abajo. ¡Cuánta ropa, qué gusto! Empezó por el abrigo, que se cayó sin oponer resistencia. Después la bufanda, suave, desenroscándose sigilosa como una culebra. El jersey ceñido daba muchas y buenas pistas. Lo dejaría para más adelante, hoy no tenía prisa. Se centró en la falda. Un botón, una cremallera y al suelo. ¡Fuera zapatos! Las medias eran su debilidad. Primero las saboreó en sus dedos; luego detuvo la vista en la cinturilla…
Demasiado tiempo: aquella chica descubrió que la estaban desnudando con la mirada y se enojó. Tuvo que cerrar los ojos para dejarla vestida inmediatamente.
7 comentarios:
Eses ollos poden espir, namorar...
Moi felina/o te vexo...
Mmhhh...xa non era a primeira vez!!
Seguramente...
Nin será a derradeira! Con eses ollos...
Non temos nada novo??? Mira que xa van 8 días!!!
Pois claro que hai algo novo! Desta vez tocoulle ós recitados. Navega por aí abaixo e atoparás uns poucos.
Vale, xa naveguei e xa atopei.
Publicar un comentario