POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

23 ene 2011

ANOS LUZ / AÑOS LUZ

Seducida por cantos de serea que  aloumiñan o meu ego adurmiñado, érgome ingrávida e, aínda cos ollos pechados, danzo entre as nubes ó teu ritmo e ó meu paso. Ata que o escintileo da túa estrela me esperta de vez e contemplo, asustada, o abismo que nos separa. Ese é o momento no que me deixo caer de golpe sobre o meu planeta, convencida de ter vivido o baile derradeiro. Pero lémbrame a experiencia que seguirei, por egoísmo, escoitando músicas celestiais.


(Imaxe baixada de internet)
Seducida por cantos de sirena que acarician mi ego adormecido, me elevo ingrávida y, aún con los ojos cerrados, danzo entre las nubes a tu ritmo y a mi paso. Hasta que los destellos de tu estrella me despiertan al fin y contemplo, asustada, el abismo que nos separa. Ese es el momento en el que me dejo caer de golpe sobre mi planeta, convencida de haber vivido el último baile. Pero me recuerda la experiencia que seguiré, por egoísmo, escuchando músicas celestiales.

9 comentarios:

suaseiras dijo...

Deixase ver moi ben esos dous mundos cósmicos. Claro...xogo con ventaxa!!.

Edita Nogueira Tallón dijo...

:-)

Rascacheira dijo...

Pois eu debo xogar con desventaxa porque non vexo eses dous mundos tan lonxanos e separados un do outro!! Imposible tantos anos lus!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

:-)

suaseiras dijo...

Para xogar con desventaxa, non xogas nada mal Rascacheiras.
Son puntos de mira, pero...a autora manda (digo eu, mais nada)

carnota dijo...

Eu non me vou centrar no fondo da cuestión, senón na forma. O fondo deste tema é moi corriente: todos temos momentos ilusionantes de danzar entre as nubes detrás de algo ou alguén e momentos atados á TERRA, literalmente. A forma de expresalo, é, para min, o que realmente me impresiona. ¡¡¡Profesional!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Puxéchesme colorada. Facendo comentarios así, é unha lástima que non te prodigues máis por aquí... :-)

carnota dijo...

Con cincuenta euriños, arreglamos

Edita Nogueira Tallón dijo...

Nada máis?