POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 oct 2010

ADOPCIÓN




Nunca outras fillas da noite
(Imaxe baixada de internet)
tiveron mellores pais.
Nunca  pais que non o son 
quixeron tanto a unhas fillas.
Nunca as fillas saberán
canto foron desexadas.
Nunca  color tan escuro
fixo brillar a esperanza.
Nunca dous anos de loita
foron tan longa distancia.
Nunca vira tan de cerca
un embarazo nas almas.
Nunca é tarde. Tarde, nunca.





Nunca hermanas de la noche
tuvieron mejores padres.
Nunca padres que no son
quisieron tanto a unas hijas.
Nunca esas hijas sabrán
cuanto fueron deseadas.
Nunca color tan oscura
hizo brillar la esperanza.
Nunca dos años de lucha
fueron tan larga distancia.
Nunca he visto tan de cerca
un embarazo en el alma.


6 comentarios:

CARNOTA dijo...

Esta si que xa destila cargas positivas. Gústame

Edita Nogueira Tallón dijo...

É baseada na realidade, nunha realidade próxima.

Begoña dijo...

Coñezo varios casos de adopción e todos os pais, veñan de onde veñan os fillos, aseguran e afirman o moito que se parecen os recén chegados a eles. E o máis curioso é que se acaban parecendo. Debe ser o amor, que sempre fixo miragres...

CARNOTA dijo...

Xa mo parecía

suaseira dijo...

Esta é a miña preferida...que me pon os pelos de punta.
Noraboa Madoé.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Graciñas.