POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 oct. 2010

DORES DE ROSA / DOLORES DE ROSA

                                                                             recitado
Hai rosas brancas:
puras, sinceras.
Outras vermellas:
paixón e forza.
Hai rosas rosas
que están aí sempre.
Pero todas con espiñas.
¡Pobres!
Que se expoñen, que se entregan
que se ofrecen, que perfuman...
sen saber que deixan rastro
só polas súas picadas.

E hai rosas todas murchas
porque ninguén as rega.
Ata hai rosas que se escriben
con maiúscula de ouro.
Eu sei dunha rosa
que se chama Lola.                                              
Hay rosas blancas:
puras, sinceras.
Hay otras rojas:
pasión y fuerza.
Hay rosas rosas
que están ahí siempre.
Pero todas con espinas.
¡Pobres!
Se exponen, se entregan,
se ofrecen, perfuman…
Y no saben que tan sólo
sus pinchazos dejan huella.

Y hay rosas marchitas
porque nadie las riega.
Hasta hay rosas que se escriben
con mayúscula de oro.
Yo sé de unra rosa
que se llama Lola.

6 comentarios:

Rascacheira dijo...

Eu teño tamén unha rosa na miña vida. Unha rosa a quen quero moito.
Gústame este poema porque me recorda a ela.

Madoé dijo...

Pois aproveita e mándalle o blog...jajaja. A ver que di ela.

Rascacheira dijo...

Meu dito, meu feito!!!

suaseiras dijo...

Eu teño unhas cuantas, pero ollo!! son alérxica a suas picadas.
A imaxe é moi chula.

suaseiras dijo...

Eu teño unhas cuantas, pero ollo!
son alérxica as suas picadas.

Madoé dijo...

¡Coidado coas alerxias! Pódense volver crónicas...