POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

16 oct. 2010

INVISIBLE

(Imaxe baixada de internet)



Acariño a súa pel e ignórame. Déixame chegar ata o seu cálido interior, pero expúlsame coa mesma indiferenza. Doulle a vida e maltrátame. Farto de ser invisible para ela, póñome violento: érgolle a saia, zarandéoa…
Por fin decátase da miña presenza, pero confúndeme con outro e recrimíname co seu nome: “¡Que vento!”
Quixera desaparecer só por oírme na súa voz: “Fáltame o aire...”

                                                                         
Acaricio su piel y me ignora. Me deja llegar  hasta su cálido interior pero me expulsa con la misma indiferencia. Le doy la vida y me maltrata. Harto de ser invisible para ella, me pongo violento: levanto su falda, la zarandeo...
Por fin nota mi presencia pero me confunde con otro y me recrimina con su nombre: “¡Qué viento!”
Quisiera desaparecer sólo por oírme en su voz: “Me falta el aire...”



I caress her skin and she ignores me. She lets me reach inside her, where it is warm, but expels me just as indifferently. I give her life and she mistreats me. Tired of being invisible to her, I get violent: I lift her skirt, I buffet her...
She finally notices my presence, but takes me for somebody else and reproaches me with his name: "This wind...!"
I wish I could disappear just to hear me in her voice: "I'm out of air..."

11 comentarios:

rascacheira dijo...

The answer my friend is blowing in the wind... (sorry se hai erros).
Canto inghlés aprendemos coas cancións!!! Eu sabía que o vento era the wind por Dylan e agora gustoume moito lelo nesta tradución.

Madoé dijo...

Pois alégrome. Daquela, terei que escoitar cancións en inglés, a ver se me queda algo...

suaseiras dijo...

case me confundes, Madoé!!

Madoé dijo...

Jajaja. Alégrome, foi adrede.

Rascacheira dijo...

Gustaríame escoitar este texto...

Madoé dijo...

A ver... A miña primeira intención era recitar só os poemas (sin contar os haikus) por non saturar coa mesma voz, por non facerme pesada. Pero se ti mo pides... Se non é por aquí, igual o podes oír por outro medio :-)

suaseiras dijo...

Tiña pensado facer a misma petición.
Anda...que xa tes a dúas fans presionándote.

Madoé dijo...

Mira ti que casualidade... Sodes o demo, e seguro que caio na tentación. :-)

Madoé dijo...

Hala, de momento xa o conseguistes: velaí a voz desta noz de febreiro. Se cadra, co vento de marzo desaparece...

suaseiras dijo...

Ves que doado é sacarte a presión de enriba.
Preciosa!! moitas grazas.

Madoé dijo...

De nada, foi un pracer.