POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

30 ene 2025

ASÍ SERÍA

 

Fartas de ver morrer os nosos fillos, puxémonos á fronte. Acabáronse as guerras, a fame, os abusos... O gasto militar foi derivado a investigación científica. Avances notables en xenética e reprodución declararon prescindibles os homes. Decidimos por maioría conservar algúns exemplares coas técnicas máis vangardistas de criopreservación. Desde entón, cada 8 de marzo, celebramos unha xornada de portas abertas nos museos de historia natural, onde permanecen custodiados os devanditos corpos do sexo extinguido. Só durante ese día, están expostos ó público para satisfacción das cidadás que desexen observalos en todo o seu esplendor. 


Imaxe procedente de internet

                                                                                                                                                     

Hartas de ver morir a nuestros hijos, nos pusimos al frente. Se acabaron las guerras, las hambrunas, los abusos... El gasto militar fue derivado a investigación científica. Avances notables en genética y reproducción declararon prescindibles a los hombres. Decidimos por mayoría conservar algunos ejemplares con las técnicas más vanguardistas de criopreservación. Desde entonces, cada 8 de marzo, celebramos una jornada de puertas abiertas en los museos de historia natural, donde permanecen custodiados dichos cuerpos del sexo extinguido. Solo durante ese día, están expuestos al público para satisfacción de las ciudadanas que deseen observarlos en todo su esplendor.

 

No hay comentarios: