POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

17 mar 2015

VIDA NOVA / VIDA NUEVA



Pintando aqueles estraños bisontes multicolores, estivo varios días. Permitímosllo por non contrarialo, para que fose collendo confianza. Candos ás paredes do cuarto non lles quedaba libre nin un palmo, fixo ademán de continuar polo corredor. Aí si que xa decidimos actuar. Con xestos e palabras estridentes, intentamos convencelo de que deixara as malditas ceras. Loxicamente, non entendeu e houbo que arrincarllas. A perrencha duroulle ata a hora da merenda: Nocilla, ¡un gran descubrimento! En poucos minutos, o salón estaba cheo de pinturas rupestres marróns. Empezamos a dubidar de se fora boa idea adoptar un neno africano.





Pintando aquellos extraños bisontes multicolores, estuvo varios días. Se lo permitimos por no contrariarlo, para que fuera cogiendo confianza. Cuando a las paredes del cuarto no les quedaba libre ni un palmo, hizo ademán de continuar por el pasillo. Ahí sí que ya decidimos actuar. Con gestos y palabras estridentes, intentamos convencerlo de que dejara las malditas ceras. Lógicamente, no entendió y hubo que arrancárselas. El berrinche le duró hasta la hora de la merienda: Nocilla, ¡un gran descubrimiento! En pocos minutos, el salón estaba lleno de pinturas rupestres marrones. Empezamos a dudar de si habría sido buena idea adoptar un niño africano.

                                                                                                                                      Creado para REC 

11 comentarios:

@lorenzodrubio dijo...

Me ha gustado mucho, vaya relato más bueno.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moi agradecida.

arktos-temis dijo...

Ja ja ja, los críos y su creatividad. Eso es universal.
Bienvenida a la familia despojada Noz.
Un biko.

Anónimo dijo...

Muy bueno tu micro. Bienvenida al REC .Gloria Arcos Lado

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas, Miguel e Gloria.

Juan Antonio dijo...

Desde luego no se les ocurre una buena. XD. Divertida propuesta. Mucha suerte para la siguiente :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Moitas grazas.

LA CASA ENCENDIDA dijo...

Los niños sean de donde sean, tan creativos.
Me ha gustado pasar por tu espacio.
Besicos muchos.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Graciñas.

Sandra Sánchez dijo...

Es un micro divertido y muy realista Edita jaja...
A ver si la próxima hay más suerte!
Besinos!!
Sandra.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Se é cuestión de sorte, debo de tela moi mala... :-) Grazas.