POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

7 mar 2015

EXIMENTE


(Imaxe baixada de internet)



Desde pequeno, a avoa dábame cuncas de chocolate ás agachadas. Pero nunca me ensinou a preparalo. Agora que se foi, teño que resignarme aspirando esta merda de sucedáneo.









Desde pequeño, la abuela me daba tazas de chocolate a escondidas. Pero nunca me enseñó a prepararlo. Ahora que se fue, tengo que resignarme aspirando esta mierda de sucedáneo.



No hay comentarios: