POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

20 mar 2015

NEGLIXENCIA / NEGLIGENCIA



(Imaxe baixada de internet)




Non sabe canto tempo poderá ocultar a aleta incipiente que tanto lle molesta para durmir. Nin as escamas brillantes do peito. Toda a vida queixándose da espiña de peixe cravada na gorxa e ninguén lle fixo caso.







No sabe cuánto tiempo podrá ocultar la aleta incipiente que tanto le molesta para dormir. Ni las escamas brillantes del pecho. Toda la vida quejándose de la espina de pescado clavada en la garganta y nadie le hizo caso.




No hay comentarios: