POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

21 mar 2015

AUTÓNOMO


Cavei sen descanso, ata a extenuación. Cando estiven seguro de que xa cabería perfectamente, deiteime no fondo e comecei a botarme terra enriba coas mans.



(Imaxe baixada de internet)


Cavé sin descanso, hasta la extenuación. Cuando estuve seguro de que ya cabría perfectamente, me acosté en el fondo y empecé a echarme tierra encima con las manos.




2 comentarios:

Anónimo dijo...

DEMASIADO MACABRA. Me gustaría que escribieses algo alegre para compensar. Recuerda que de lo que se come se cría.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Señorita Anónima, se quere alegría, pique vostede na etiqueta HUMOR GRIS MARENGO.

E iso de que do que se come se cria... Canto máis doce como, máis graxa teño, e sigo sendo amarga.