POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

24 mar 2015

A RELATIVIDADE DA BELEZA / LA RELATIVIDAD DE LA BELLEZA


(Imaxe baixada de internet)
Todo estaba debuxado no pequeno caderno gris que levaba no peto do pantalón, tamén gris, igual có seu aspecto. Eran gráficos magnéticos indescritibles para calquera persoa que non fose el. Deles dependía o éxito da súa misión: conseguir o sombreiro máis fermoso da Terra para cubrir a cabeciña da súa nena e ocultar así o defecto que tanto a avergonzaba. Nacera cunha malformación: en vez de antenas, tiña pelo.




Todo estaba dibujado en la pequeña libreta gris que llevaba en el bolsillo de su pantalón, también gris, igual que su aspecto. Eran gráficos magnéticos indescriptibles para cualquier persona que no fuera él. De ellos dependía el éxito de su misión: conseguir el sombrero más hermoso de la Tierra para cubrir la cabecita de su pequeña y ocultar así el defecto que tanto la avergonzaba. Había nacido con una malformación: en vez de antenas, tenía pelo.

                                                                                                                                     Creado para REC 

4 comentarios:

Juan Antonio dijo...

Pues me ha encantando. Esa mezcla de mundos y esa paradoja que lo envuelve todo... felicidades :)

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois encantada. Grazas.

Rascacheira dijo...

Vaia que si, que todo é relativo!!!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois si. Graciñas.