POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

25 ene. 2015

DOLORES


Cala un pouquiño. Ben sei que estarás moi ocupada coas presentacións, pero xa terás todo o tempo do mundo para contarlles a túa vida. Agora escóitame a min, que che quero dicir como foi. Había moita xente, moita, ¡toda! Tamén había respecto, admiración, lembranzas, bágoas... ¡Canto choraron as nenas! Gustaríache vivilo, estou segura. Vale, xa te deixo; sigue coas túas novas relacións. Estarás feliz no medio de tantas almas… ¡Non se che ocorra invitalos a comer! Cando atopes a Severino, acórdate de ensinarlle a foto que levaches contigo para que vexa o que aumentou a familia. Oíches, ó final decidimos velarte no tanatorio da Estrada; espero que non te enfades. Estabas como unha rosa entre miles de fermosas flores. Adeus, mamaíta.



(Imaxe baixada de internet)
Cállate un poquito. Sé que estarás muy ocupada con las presentaciones, pero ya tendrás todo el tiempo del mundo para contarles tu vida. Ahora escúchame a mí, que te quiero decir cómo fue. Había mucha gente, mucha, ¡toda! También había respeto, admiración, recuerdos, lágrimas... ¡Cuánto lloraron las niñas! Te gustaría vivirlo, estoy segura. Vale, ya te dejo; sigue con tus nuevas relaciones. Estarás feliz en medio de tantas almas... ¡No se te ocurra invitarlos a comer! Cuando encuentres a Severino, acuérdate de enseñarle la foto que llevaste contigo para que vea lo que ha aumentado la familia. Oye, al final decidimos velarte en el tanatorio de La Estrada; espero que no te enfades. Estabas como una rosa entre miles de hermosas flores. Adiós, mamaíta.


6 comentarios:

Ana dijo...

Un bico do Pito Serodio (e dos seus retoños). Eres moi grande Madoé.

Edita dijo...

Un millón de grazas.

Rascacheira dijo...

Non paso por aquí tantas veces como quixera... tal vez por esquecementos, por falta de tempo... pero cada vez que entro no blog atopo cousas que me enchen a alma -se é que a hai- e o corazón -ese músculo ao que asociamos o amor-. E desta vez LUCÍCHESTE!
Sei que Dolores estará ben contentiña alá onde estea.

Edita dijo...

Ohhhh!!!! Cun comentario así, xa me deixas contenta por un ano.

Pepa dijo...

Por que será que os acontecementos máis tristes dannos as mellores páxinas da literatura? Sacan a nosa parte máis lírica.Aquí dislle todo con poucas palabras, palabras sinxelas que saen do corazón.
Edita,mamá esta contenta.

Edita dijo...

Moi agardecida e emocionada polo teu comentario, Pepa.