POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

4 feb. 2015

A VER.... / A VER SI CUELA…


Dúas guedellas descoidadas ameazan con probar o café con leite. Non sería a primeira vez. Cunha man retíraas da cara; a outra precísaa para apoiar a testa: ¡Imposible! Coma cada mañá, baleirou a cunca no vertedeiro e eliminou o rastro abrindo a billa para que a compañeira de apartamento non lle botara o consabido sermón. As últimas palabras de súa nai martelábanlle na cabeza, cada día con máis forza: “Non sexas parva, faime caso, leva uns poucos”. Xa ían alá dúas semanas de Erasmus sen conseguir almorzar unha soa vez. Por orgullo non pedira papas á familia, pero de hoxe non pasaba. Cando seus pais a chamasen e lle preguntasen se precisaba algo, íalles suxerir que, se querían, podíanlle enviar unhas caixas de Sobaos Pasiegos. Para agasallar ós seus novos compañeiros e presumir así da súa Cantabria querida...

(Imaxe baixada de internet)



Dos guedejas descuidadas amenazaban con probar el café con leche. No sería la primera vez. Con una mano las retiró de la cara; la otra la necesitaba para apoyar la frente. ¡Imposible! Como cada mañana, vació la taza en el fregadero y eliminó el rastro abriendo el grifo para que su compañera de apartamento no le echara el consabido sermón. Las últimas palabras de su madre le martillaban la cabeza, cada día con más fuerza: “No seas tonta, hazme caso, llévate unos pocos”. Ya iban allá dos semanas de Erasmus sin haber conseguido desayunar una sola vez. Por orgullo no había pedido papas a su familia, pero de hoy no pasaba. Cuando sus padres la llamaran y le preguntaran si necesitaba algo, les iba a sugerir que, si querían, le podían enviar unas cajas de Sobaos Pasiegos. Para regalar a sus nuevos compañeros y presumir así de su Cantabria querida…

Para o concurso A QUÉ SABE CANTABRIA


2 comentarios:

PULGACROFT dijo...

Un concurso con unos relatos muy buenos, como éste tuyo ;)
Saludos
Sandra Sánchez

Edita dijo...

Un concurso que ganó Raquel, nuestra compañera de ENTC.