POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

11 feb. 2015

XEO PARA DÚAS / HIELO PARA DOS


A sarabia aterrorizábaa. Moderou a velocidade e concentrouse ó máximo. Pasada a primeira curva, un coche volteado na cuneta fíxoa frear instintivamente e custoulle controlar o vehículo. Aínda que se puxo moi nerviosa, tivo a serenidade suficiente para deterse e chamar a emerxencias. Despois, tremendo de medo, achegouse ó auto sinistrado para intentar socorrer ós posibles feridos. Por unha ventá rompida, meteu a cabeza. Non puido ver nada, pero o ulido que percibiu produciulle calafríos: era o perfume que lle regalara á súa filla por Reis. Despois de berrar, perdeu o sentido.




(Imaxe baixada de internet)
El granizo la aterrorizaba. Moderó la velocidad y se concentró al máximo. Rebasada la primera curva, un coche volcado en la cuneta le hizo frenar instintivamente y le costó controlar el vehículo. Aunque se puso muy nerviosa, tuvo la entereza suficiente para detenerse y llamar a emergencias. Luego, temblando de miedo, se acercó al auto siniestrado para intentar socorrer a los posibles heridos. Por una ventanilla rota introdujo la cabeza. No pudo ver nada, pero el olor que percibió le produjo escalofríos: era el del perfume que le había regalado a su hija por Reyes. Después de gritar, se desmayó.


Para LA COPA DEL MICRORRELATO de ENTC



No hay comentarios: