POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

5 ene. 2015

MEDIDAS PREVENTIVAS


Este vai saber quen son eu. Acabouse chegar á casa e un para o sofá mentres a outra cociña. Si, claro, traballo porque quero. ¡Era o que faltaba! ¡E a min que me importa que el gañe dabondo! Unha tamén ten os seus dereitos. ¿E os nenos? ¿Quen se ergue polas noites? ¿Quen os leva ó médico? ¡¿Quen os paire?! Ai non, por esas si que non paso. Pois este ten toda a pinta de querer familia numerosa. E non fai máis ca mirarme o moi… Velaí vén; seguro que me invita a unha copa. ¡Eu lárgome!

(Imaxe baixada de internet)




Este va a saber lo que es bueno. Se acabó llegar a casita y uno para el sofá mientras la otra cocina. Sí, claro, trabajo porque quiero. ¡Sólo faltaría! ¡Y a mí que me importa que él gane bastante! Una también tiene sus derechos. ¿Y los niños?  ¿Quién se levanta por las noches? ¿Quién los lleva al médico? ¡¿Quién los pare?! Ay no, por esas sí que no paso. Pues este tiene toda la pinta de querer familia numerosa. Y no deja de mirarme el muy… Ahí viene; seguro que me invita a una copa. ¡Yo me largo!




1 comentario:

Anónimo dijo...

Moi S'style! ;-) Aperta! :-*