POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

28 nov 2012

LARPEIRADA / DULCE



Masa de pan,
tona sen dor e azucre:
bola de nata.
Un pantrigo explosivo
(Imaxe baixada de internet)
que mata a gula a bicos.






Masa de pan
con manteca y azúcar:
torta de nata.
Pan de trigo explosivo,
mata la gula a besos.


5 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Que buenísima pinta tiene!

Edita Nogueira Tallón dijo...

Pois neste caso, as aparencias non enganan. Está de vicio.

suaseiras dijo...

Larpeirada de haiku!!!

Rascacheira dijo...

Si, riquísima! Sabedes onde as fan de medo??? Na Capela.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Iso dilo porque nunca a probaches na miña casa... :-)