POR QUE


Os textos que aparecerán nesta páxina estiveron a piques de ser publicados hai uns meses por unha editorial galega, co título ISTO NON É UN LIBRO. A falta de paciencia e de verdadeiro interese fixeron que desistise. Hoxe, a primeiros de xullo de 2010, por darlle gusto a unha boa amiga que non parou ata convencerme, arrinco con este blog, onde irei colgando os contidos daquel libro posible e outras ideas que vaian xurdindo.

E para empezar, transcribo o prólogo e a sinopse que levaba:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

14 sept. 2012

UNHA TRAXEDIA / UNA TRAGEDIA


(Imaxe baixada de internet)
Ela, fermosa, atractiva, tentadora… El, sobrio, elegante, lanzal… Ámbolos dous admirábanse desde novos, na distancia. Pero o destino quixo que coincidiran no mesmo habitáculo, aínda que separados por razóns de seguridade. Ela, camiño dunha exposición; el, cara a unha comellada. Por un descoido da persoa responsable ou, se cadra, pola forte atracción que os imantaba, rozáronse, xuntáronse, mesturáronse… Ela, máis coqueta ca nunca; el, derretíase. Cando se decataron, xa era tarde: o relucente vestido da Srta. Amanita Muscaria estaba inservible. Do culpable, D. Coprinus Comatus, só quedaba unha gran mancha negra, desaparecera misteriosamente.



(Imaxe baixada de internet)
Ella, preciosa, atractiva, tentadora… Él, sobrio, elegante, esbelto… Ambos se admiraban desde jóvenes, en la distancia. Pero el destino hizo que coincidieran en el mismo habitáculo, aunque separados por razones de seguridad. Ella, camino de una exposición; él, hacia una comilona. Por un descuido de la persona responsable o, quizás, por la fuerte atracción que los imantaba, se rozaron, se juntaron, se mezclaron… Ella, coqueta como nunca; él, se derretía. Cuando quisieron darse cuenta, era tarde: el reluciente vestido de la Srta. Amanita Muscaria estaba inservible. Del culpable, D. Coprinus Comatus, sólo quedaba una gran mancha negra, había desaparecido misteriosamente.

(Seleccionado e publicado no Segundo Certamen de MICO MICRO RELATOS SAN JORGE)

5 comentarios:

Eutimos dijo...

Pues...no me queda muy claro el final, supongo que no sé bastante de setas para saber que le pasa a un Coprinus si se mezcla con una Amanita.
Sólo sé que ésta es muy venenosa.

Madoé dijo...

Nada, non lle pasa nada se se mestura coa amanita. O que lles pasa sempre ós coprinus é que, ao pouco tempo de recollelos, licúanse totalmente en forma de auga escura, como se fose tinta. Aproveitei esta característica para argallar a historia de amor, ja ja ja.
Respecto á toxicidade da amanita muscaria, non é venenosa exactamente, senón alucinóxena. Hai outra amanita, moito menos vistosa, que si é mortal.

Eutimos dijo...

¡Ah!, Ahora lo comprendo todo, como dicen en las malas comedias.
Gracias por la información. El mico micro relato es muy original.

suaseiras dijo...

Foi un dos millores. Que conste!!

Madoé dijo...

Iso, iso, que conste... Ja ja ja.