POR QUE


ISTO NON É UN LIBRO. Se o fose, levaría ese título. O prólogo e a sinopse serían estes:

“ISTO NON É UN LIBRO por dous motivos, fundamentalmente:
Primeiro, porque nunca pretendeu selo. Ningún dos textos se escribiu pensando na posible publicación. Se chegaron ata aquí, foi grazas ós empurróns de persoas que os leron e que me queren ben. Algúns foron rescatados do fondo da hucha; outros, aínda fumean. Hainos que saíron directamente do corazón; tamén os hai feitos por encarga cerebral. Todos, de escasas palabras; pero de longa elaboración. E segundo, porque estrutura, contidos, prosa e poesía enceréllanse adrede coa humilde intención de sorprender ó lector. Confío na súa boa vontade para deixarse levar”.

“Isto non é un libro. É un feixe de faíscas con formas caprichosas de poemas, relatiños ou ocorrencias, amarradas por unha fráxil trenza de palabra, sentir e vida. Nas mans do lector queda a decisión de outorgarlles ou non a liberdade”.

22 sept 2012

EDITIÑO 6

Vivo pousada na hamaca
pasmada co vaivén
pensando que toco as nubes
porque miro cara ó ceo.
Mal asunto:
se vira, caio no chan.


(Imaxe baixada de internet)


Vivo posada en la hamaca
disfrutando el vaivén.
Pienso que toco las nubes
sólo por mirar al cielo.
Mal asunto:
si da la vuelta, caigo.

6 comentarios:

Eutimos dijo...

¡Qué agradable es dejarse mecer en una hamaca entre dos árboles! Y no hay miedo de mirar a las nubes y tocar el cielo, seguro que la hamaca siempre nos sostiene.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Non sei, non sei..., teño as miñas dúbidas... Supoño que se entende que falo metaforicamente.

Eutimos dijo...

Ya sé que hablas metafóricamente, pero sigo creyendo que nunca tocar el cielo nos hace caer, como mucho, que no se puede estar siempre tocándolo y hay que poner los pies en la tierra de vez en cuando. ¡Pero, y el gustito que da!

Eutimos dijo...

Oye, ¡que bien!, ya no hay que romperse la cabeza poniendo aquellos códigos extraños para hacer un comentario.

Edita Nogueira Tallón dijo...

Por fin conseguín cambiar a comfiguración dos comentarios. As reclamacións das comentaristas puxéronme as pilas, ja ja ja.

suaseiras dijo...

De cando en vez hai que deixarse "mecer" Senta moi ben!!